25/02/2009

Vivimos ledos soñando imposibles
ata que o peso do noso destino rexurxe
fincando de novo ao carón do aire.

Irrespirable o día.

Mortal a noite.

Preciso da luz da tranquilidade,
ter outro día de acougo,
sen medos, sen prantos

e voar, sempre voar.

06/12/2008

Un día coma hoxe


Chegaches tan amodiño que non che escoitei.

O músculo vermello comezou a bombear novos sons.

02/09/2008

Despois da tormenta sempre amaina...

... e non hai mal que cen anos dure.

Foto Mer, Negreira, 29/08/08

O mérito non é meu, o ceo estaba así de lustroso.

Só foi un instante: respirar e disparar.

E logo... rematou outro día máis. Foi un día perfecto.

Mágoa que se estragara cos problemas laborais.

Á mañanciña veremos as cousas doutro xeito. Espero que mellor.

26/08/2008

Francotiradores


¿Sabes como se fai? Se ves tres –dicíame Sasha orgulloso e didáctico coma un barbeiro-, non lle tiras nunca ó primeiro. Tíraslle ó último. E non lle tiras á cabeza, senón a unha perna. Así os outros dous teñen que parar e dar a volta. Demasiado tempo. Tíraslle a un á cabeza e o outro queda aterrorizado. Logo tíraslle ó outro. Ó primeiro mátalo tamén ou déixalo para que siga chamando polos compañeiros. Non é difícil. Non ten dúbida. Non con este trebello –dixo, mostrándome a súa carabina de precisión con mira telescópica-. É como no tiro olímpico, respirar e apuntar. Non fallas nunca.


16/08/2008

En galego tes todo por vivir

e logo!

28/07/2008

ESTOY CANSADA


Estar cansado tiene plumas,
tiene plumas graciosas como un loro,
plumas que desde luego nunca vuelan,
mas balbucean igual que loro.
.
Estoy cansado de las casas,
prontamente en ruinas sin un gesto;
estoy cansado de las cosas,
con un latir de seda vueltas luego de espaldas.

Estoy cansado de estar vivo,
aunque más cansado sería el estar muerto;
estoy cansado del estar cansado
entre plumas ligeras sagazmente,
plumas del loro aquel tan familiar o triste,
el loro aquel del siempre estar cansado.






18/06/2008

Beberei outro día

Leva chovendo meses e aos meus ollos aínda lles queda auga salgada que liberar.

.
Hai días nos que escampa, para poñerse a saraibar de súpeto.
Esa auga conxelada doe máis, sae do máis fondo de mín, vaime agatiñando amodo pola gorxa ata se producir a explosión dos sentidos, estóupame ese meu ego vermello con forma de piruleta e disparo o líquido incoloro, inodoro e insípido por tódolos ocos abertos da miña persoa.
Beberei outro día, hoxe toca baleirar.

Foto Mer, Vigo, Abril 2008


16/05/2008

DOCE INFANCIA

Foto Mer, Feira de Padrón, Marzo 2008
Os días da infancia son lentos e todo o que os empuxa ten o sabor da ilusión. A ilusión ten ás veces ese gusto amargo ao que un se vai afacendo, ata que chega a esquecer que houbo un primeiro día para todo: un primeiro día para o medo e un primeiro día para a tristeza.

04/04/2008

A pesar de todo...


seguirei crendo na xente

porque quero continuar VOANDO CEIBE

27/03/2008

¿Por que sempre tén que existir un destino?

Disfruta da viaxe

06/03/2008

Fin do Camiño

Foto Mer, Fisterra 2007, Fin do Camiño de Santiago

Escribo con atraso de anos. Tamén con adianto de meses.

Gardei en mín moitas cousas
que loitan por ser reflexadas nun frío papel no tempo presente.

Desexo falar doutras rúas
doutrora futura que vén cara a mín, teimuda e doente.

Non sae a palabra axeitada
só quero voar a outro lar, bicar a outras xentes.

Que o medo agarde na porta
Calado, durmido,

Encherme da luz que desprendes sentíndote aquí novamente.

26/02/2008


Quizás porque exprimes limones sobre tus heridas, esperas que otros intenten no cicatrizar las suyas.

No sé si hoy las mías se habrán curado o permanecen dormidas. Tan sólo quisiera olvidar que existen, soñar sin sus fatales apariciones que convierten sueños en pesadillas, amor en odio, pasión desenfrenada en dolorosa ira, caricias en puños, hermosas palabras en soberbia fingida, reyes en plebeyos, néctar en veneno, rosas en espinas, besos en violencia, soneto en poema sin rima; zurciendo retales de vida en los que sobraban ya nuestras sonrisas.

Olvida la sangre antigua, se derramó en el pasado, apenas toda en un sólo día.

22/02/2008

O lado escuro tamén pode ser fermoso...

Foto Mer, Balcón da casa, Vigo, 21/02/2008

15/02/2008

Reflexións de inverno IV: Envexa admirable

Foto Mer, Xaneiro 2008

Decides cousas na vida e todo o mundo diche que o estás a facer mal.

Inventas novas saídas, concibes novas ilusións.

Hai que ver como segues a crer no que fas e como os demais tentan afastarte dos teus retos.

Todos saben como has de plantexar a túa vida.

Entón o que parecía inverosímil vai cara adiante e ao teu redor empezan a ollarte doutro xeito, coma se foses extraterrestre. Pasas de ser unha tola a unha persoa digna de admiración.

E tés que escoitar cousas como: "que sorte!"

Pois sí, ser perseverante por natureza é unha sorte,

…para todo o demáis… xa sabedes...

14/02/2008

EVERY SINGLE DAY - EVERY WORD YOU SAY

Foto Mer - Puigcerdá 2005

Every breath you take
Every move you make
Every bond you break
Every step you take
...
Every single day
Every word you say
Every game you play
Every night you stay

28/01/2008

TODO NESTA VIDA DEPENDE DA PERSPECTIVA

Foto Mer, Parque de Castrelos, Vigo, 27/01/2008

22/01/2008

Contos con Moralexa I


18/01/2008

Reflexións de Inverno III: Cores

Foto: Mer, Vigo, 17/01/08

Cores

Somos persoas coa alma de cores: brancas, vermellas, verdes, azuis, negras,… tamén hainas camaleónicas…

Qué defecto tan grande cando presupoñemos a conciencia de alguén.

Coñeces profesionais que no seu labor adícanse a axudar á xente ou a educar aos nosos fillos.
Pola simpleza de saber do seu traballo, ese traballo que consideras tan importante socialmente, pensas ben. Aínda que somos camaleónicos, é verdade.

Mestres incívicos: términos contradictorios. ¿Incívico o que educa? Non pode ser. Pero seguen tirando ao monte colillas encendidas mentres conducen pola AP-9 e bolsas baleiras de patatas fritidas ao chan.

Traballadores sociais que a noite transforma noutros seres totalmente distintos, creando problemas que polo día resolven, meténdose coa xente porque sí, berrando ao chou porque hoxe lle apetece, intentando pisar a alma dos demáis e, ao non conseguilo, písandolle os pes. O caso é pisar, se non pisotear.


Olvidei que por riba de todo somo PERSOAS, cunha esencia, cada un coa súa natureza, que un traballo non vai cambiar.

17/01/2008

"Las Fulanas" en concerto






Sábado 19 de xaneiro de 2008 ás doce da noite en "La Iguana Club"

16/01/2008

Reflexións de Inverno II: Importancia

Foto: Mer, Vigo, 16/01/2008

Hoxe quixera falarvos do río que vai cheo de auga.

E qué? Preguntarédesvos. Menuda noticia!!

Ese é o conto, que tan pouco celebrados como río que leva auga son moitos acontecementos das nosas vidas.

Parece que nada tivese importancia. Vivimos cara adiante, así como van os burros tras a cenoria.

Se fitas de reollo ao teu carón verás que ademáis de auga no río hai escalos e troitas santando ceibes, crepis e fiunchos medrando, pedras de cores no fondo, rás verdes, patilargas, vermellas ou de San Antón, saltóns, alvercas que veñen beber, narcisos que se reflicten, raparigos rindo, nadando, xogando,... castiñeiros formando arcos da vella por riba das nosas cabezas,... claro que tamén hai cueiross usados, vésceras dun porco, bolsas de lixo...¿?


Elixe ti.

Pero tén en conta que só hai dúas opcións: o ves todo ou nada.

É a caixa de Pandora que temos no noso interior, podémola abrir ou deixala pechada para sempre.

09/01/2008

Reflexións de inverno I: Chuvia Política


Chuvia monótona.

Non sei a quén se lle ocorrería semellante parvada.

Tampouco os chineses son todos iguais, nen tan amarelos como a súa fama conta.

Igual que un chinés pode ser distinto a outro, tamén a chuvia é diferente.

Se chove forte moito tempo é que está caendo unha tremenda chuvieira, se é só un anaquiño chamámoslle chaparrón.

Se case non molla pode ser orballo, chuvisca ou poalla.

Pode chover pouco con vento ou moito con vento, en todo caso o resultado éche o mesmo: móllansenos os pantalóns ata os xeonllos.

Hai días malhumorados nos que quixeramos que chovese merda (sempre hai un espabilisto deses que dí: "Merda non, oh, que chovan cartos" – esperemos que en billetes, porque quixera ver eu ao fulano tal debaixo dunha granizada de moedas de dous euros)

A mín a chuvia gústame moitísimo.

Por algo somos auga os seres humáns.


Auga pura: incolora, inodora e insípida.

E se a auga é tan perfecta… ¿ qué pode haber no resto dos compoñentes do noso ser para que aínda que a auga sexa maioría o resto gañe a partida?

Está claro que dende O PRINCIPIO todo é política.

28/12/2007

Brillar y brillar

Mírame nena y dime qué ves soy un tipo normal
yo no he impuesto las reglas pero me gusta jugar
si quieres marcar mis cartas me conoces muy mal mira al cielo
verás mi estrella brillar y brillar
Verás mi estrella brillar y brillar.

Me han matado tantas veces que aprendí a resucitar
les gustaría que fuese fácil de domesticar.

Pero un corazón salvaje no se rinde jamás

mira al cielo verás mi estrella brillar y brillar
Verás mi estrella brillar y brillar.

He peleado tan duro que no me importa sangrar
se que mi personaje es el precio que debo pagar.

Y ahora estas entre mis brazos creo en la eternidad
mira al cielo verás mi estrella brillar y brillar
Verás mi estrella brillar y brillar.

10/12/2007

Carballeira de San Cibrán - A Baña (A Coruña)


28/11/2007

Reflexións de outono IV: Sacando punta


Outra vez escoitei esa frase: "Gastóuselles o amor de tanto usalo"

O amor é coma un lapis, logo. Valo usando ata que escribe esborranchando todo, sen definición, facendo liñas paralelas ou ata que se lle rompe a punta.

E afías.

E cada vez é máis pequeno o anaco que queda.

E ao cabo, tiras o lapis (antes ou despois de ter un novo).

Chegou o portaminas á vida. Non se gasta. Recargas e recargas. Pero é canso, sinxelo, limitado, aínda que moderno, e non escribe igual.

Buscamos outro lapis agradábel.

Cóllelo suave ao principio. Afíalo por vez primeira. Escribe sen romper o papel nin esborranchar.

Polo de agora escribe QT no espello empañado do cuarto de baño mentras te duchas; tamén unha liña borrosa surcada na túa pel, que sube ou baixa pola perna, que baixa ou sube pola espalda; subliña na lingua coa lingua, no peito coa lingua, en tódolos ocos do corpo coa lingua; e pinta meixelas de cores; debuxa sorrisos ceibes, apertas doces, mans entrelazadas, ollos brillantes, bicos amantes, bicos amigos,...

...¡ que medo empezar a afialo!.

27/11/2007

Ás veces chega un momento no que te fas vello de repente

He buscado en los desiertos
de la tierra del dolor
y no he hallado más respuesta
que espejismos de ilusión
he hablado con las montañas
de la desesperación
y su respuesta era sólo
el eco sordo de mi voz

26/11/2007

Aprendendo a voar

Propúsenme voar.

Polo de agora só aprendín a planear (ou caer con estilo), que xa é dabondo.

Non coñecía a flexibilidade das miñas ás, a súa fermosura cando se abren dispostas a bailar co aire fresco que me fai soñar.

Só as voltarei pechar para descansar.

14/11/2007

Reflexións de outono III: Baleiro


Vaciéime de ti.
.
Decidino así, coma quen decide beber auga (e cando se fai tan de golpe, ás veces é tanta a ansia, que acabas atragantándote). Ao fin tanto me quixen vaciar que vaciéime tamén de mín.
.
Agora son oca e coa pel transparente. Pódese ver ao meu través.
.
Marcho de viaxe. Vou explorar. Terei que encherme de algo novo, antes de que chegue o inverno e faga entrar en mín, sen permiso, toda a choiva e o frío do mundo, coa pretensión de quedar en mín para sempre.

09/11/2007

cómo falar se xa non atopo a palabra axeitada...?

07/11/2007

Reflexións de outono II: por tí, a palabra.


Quixera escribir sobre a palabra máis bonita do mundo. Hai moito tempo que me ronda esta idea na cachola.
.
Agora sei que non, non se pode. Eu non podo. Ninguén pode.
.
Pensei en moitas palabras. Tiven en conta que non coñezo tódolos idiomas do planeta, polo que, ¿cómo podo afirmar que unha verba das poucas que coñezo é a máis fermosa?
.
O mellor desta vida son os sentimentos. Enerxía que na miña lingua pódese transmitir con palabras como: amor, cariño, aperta, bico, paixón,... Non sei cal delas é a máis fermosa, podería ser xiakmnd ¿?. Só quero seguir sentíndoas sempre e que se chamen como queiran.

Reflexións de outono I: Puzzle


Supoño que esta imaxe significa que van tirar este edificio (máis ben desmontar). As pedriñas todas numeradas.
.
Pensei en facer o mesmo co meu corazón. Dividilo en anaquiños pequenos e numeralos, así cando volte estoupar algo no seu interior que sexa máis doado recompoñelo.
.
Temo que trala última explosión aínda non recuperei tódalas pezas. Aproveitarei o buraco para facer unha xanela.

24/10/2007

scribo


Pídesme que escriba algo para ti e eu escribirche quixera

Pero xa non teño sitio para as palabras

Hai momentos na vida nos que os sentimentos éncheno todo

Escribiría verbas fermosas mais non hai lugar para elas

Mírame ben aos ollos cada día

Existe un instante no que se pode ver cómo van pasando polas miñas pupilas todas esas letras.

22/10/2007

Luns, 22 de outubro de 2007

Querida semana corenta e tres do ano dous mil sete:

Graciñas por darme a benvida ao teu presente encendendo o ceo así.

Estarei contenta de vivir en tí os próximos días, xa que decidiches acollerme con esta tenrura, co sorriso que caracteriza ás semanas de outubro, un sorriso alaranxado enriba dunha pel marrón outonal.

Ás veces andamos tan atarefados que non nos fixamos na beleza que cada día nos rodea, de cómo a natureza conxura para nós, polo noso benestar cotián.

Temos días máis sensibles nos que de súpeto parece coma si ollásemos o sol por vez primeira, e penso que así é. Mesmo hai moitas persoas que non viron nunca o fulgor do sol mañaneiro ou a maxia da lúa cando aínda non escureceu, as mareas vivas, os atardeceres de chuvia, os castiñeiros chorando ourizos ao carón do río, o vento soprando xeo,… ata hai xente que non se decatou de que as estrelas non existen só nos contos infantís.

Pero hai máis sorpresas, o venres, esta nosa semana corenta e tres, faranos un número especial: plenilunio.

Agardareite o ano que vén con impaciencia, xa que ves cargada de tantas cousas boas.

Mentres che espero, leva de mín unha aperta para o camiño.

08/10/2007

ETIMOLOXÍA I "recordar"


A palabra "recordar" ven do latín "recordari", formada por re (de novo) e cordis (corazón). Recordar quere dicir máis, moito máis que ter a alguén presente na memoria. Significa "volver a pasar polo corazón". Si lle digo a alguén que o recordo, estoulle a dicir que volta a pasar polo meu corazón.

Onte recordeite.


03/10/2007

Ondas do mar de Vigo



Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
e ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que ei gram cuidado!
e ai Deus, se verrá cedo! (Martín Códax)

28/09/2007

ALMODÓVAR TOTAL

Almodovareño - Almodovarense: É un adxetivo que xa se utiliza moito aínda que non está recoñecido pola Real Academia da Lingua. Non é moi sinxelo definilo, coma a arte contemporánea, pero si vemos algo que o é, de seguido sabemos que este é o adxetivo axeitado.

É o que me pasou a mín en canto vin esta furgoneta de venta ambulante na praia fluvial de Tapia (Concello de Ames). É chulísima ¿a que sí?

RELAX EN CORCUBIÓN

REGATO


25/09/2007

ARTESA


Artesa/s.f. Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan e se garda este, a fariña, etc. Encargoulle unha artesa ó carpinteiro. SIN. maseira. CF. hucha, tulla.

Vímola en "A Nosa Taberna" (Negreira - A Coruña)

24/09/2007

Visitando ás sereas na Fin da Terra

21/09/2007

¿e de cor? verde-corazón

19/09/2007

Arthur Rackham - Poeta de Pincel


Tal día como hoxe, no ano 1867, naceu Arthur Rackham.

Aínda que o nome non lle soe a moita xente, seguro que todos temos visto algunha das súas marabillosas ilustracións.

Entre os seus traballos máis coñecidos destacan as ilustracións de "Contos dos irmáns Grimm" (1900), "Peter Pan" (1906) ou "Alicia no país das marabillas" (1907)

14/09/2007

Água sexual - Séchu Sende


Como un río

...e unha pedra mollada

as árbores e as aves

...e os teus ollos falan

e a area e as águas

...e as águas e as águas

e a luz mollando

...abre a terra e a carne

e as mans e as pernas

...e lavas-te e lavas-me e lábios

e o ruído da água adentro de tí

...como un rio baixa

e as mans e as pernas

...e as árbores e as aves

e ardes

...e orvallos e chúvias

adentro de ti

...e a boca aberta e mollas

e abrazas

...e abres o peito e tremes

e moves os ollos

...adentro dos ollos fechados

ou casas fechadas
.
...e abres as pernas

e as mans e as casas

...e apertas
.
e parece que rompes

...como unha égua caendo

e parece que empezas

...a romper os ruídos na boca

e a deitar a água por fóra

...e o vento

e a forza dos corpos

...e abres os ollos

e ves

...e abres a boca

e non podes falar

...e abres máis os ollos

e parece que rompes

...e parece que me rompes. (Odiseas - Séchu Sende)

12/09/2007

Corrubedo: Fariña de Pedra


Galiza, o meu país.
É este un paraíso que contén moitos paraísos no seu interior. Un deles é Corrubedo.

Declarado Parque Natural no ano 1992, conta cunha superficie de casi 1000 hectáreas, divididas en varias zoas: un gran areal cun complexo dunar, unha zoa de marismas, outra zoa de lagoas e unha zoa de praias.

Ao parque pódese acceder dende Ribeira seguindo a estrada de Corrubedo ou pola C-550 dende Xuño, onde podemos visitar outra atractiva lagoa.

O complexo dunar encóntrase paralelo á costa. Aínda que alguhas dunas foron colonizadas pola vexetación e polo tanto están inmóbiles, queda unha duna viva, que é a única que existe no litoral galego.

Tra-las dunas encóntranse as lagoas de Carregal, aberta ao mar, e a de Vixán, pechada.

06/09/2007

ZUME DE TEMPO

Ando a espremir o tempo.

Esprimo e esprimo ata que non lle queda nen un nanosegundo dentro.

Empecei por sempre e nunca para seguir con xamais noutrora.

Remexín mañán con tarde e noite con mediodía.

Derramóuseme xaneiro por riba de xullo.

Sego a espremir ata que o zume revasa e cae ao chan neste setembro.

E corre pola bocarribeira da miña vida.

E flúe

e vai

e veña

e segue

e loita

e vence

… e chega.

Desauga no Océano Vermello de Zume de Tempo das Persoas.

E ao fin, mestúrase con outros zumes.

02/09/2007

FRÍA SOIDADE

Camiñando sobre o xeo da lagoa de Puigcerdá

30/08/2007

Carpe Diem

Praia de "A Lanzada" - O Grove - Pontevedra

Ti que tes o corazón de augas tranquilas
rompe con serenidade ese tremer, ese xacer,
nos duros golpes que che dou a vida.

Ti que sabes o que foi sen rede caer
nese fondo ollo, nese triste escurecer,
empuxa ao teu corpo cara arriba

Ti que remexías as palabras co pracer,
deitando as verbas ao carón do teu lecer,
conxugando verbos faltos de harmonía.

Ti que non soñabas para non deter
soños verdadeiros que iban noutro tren,
nun vagón que non che pertencía.

Tí que non lembrabas a cor do pel do amencer,
fulgor transparente do que puido ser
noutra realidade, tras outra saída.

Séntate ao sol do mediodía e respira.
Pecha os teus sentidos só por unha vez.
Sente o que che pide o que de ti non ves.

Óllao neste espello de papel
que tirabas sempre por non veres nel
o que noutro viras algún día.

Se estamos aquí tan só por morrer
vivamos antes de rematar a partida. (by Mer)

28/08/2007

E a tí cómo che gusta????



Aínda que estes días fai moita calor, xa teño ao inverno na mente. Setembro está á volta da esquina. Acompañándoo chega a volta a escola, o outono laranxa, a reincorporación ás nosas actividades "de inverno" (ximnasio, clases de idiomas,...) E con él chega o desfrute dun cafeciño ben quente nesas frías mañás.

Eu nas cafeterías tomo sempre un "café con leite industrial" (moi grande e, se pode ser, en vaso). Acostumbreime durante os anos que vivín en Catalunya. Alá o café con leite como aquí o entendemos non existe. Pides un café con leite e póñencho nunha cunca grande directamente.

Na casa tomo café americano.
E o café que máis recordo é o Cappuccino que tomei na Galería Vittorio Emanuele en Milán. Paguei 5 euros pero a estancia naquela terraciña ao carón do "Duomo di Milano" ben o merecía.

¿E tí?